Seguro ético

Un seguro ético?

O seguro é un instrumento financeiro e, como tal, debe estar ao servizo das persoas. Entendemos o seguro como un instrumento social e reivindicamos os valores dun seguro ético e solidario baseado en tres principios:

  • Mutualidade: entendemos o seguro como instrumento colectivo ao servizo da comunidade
  • Equidade: cremos que o acceso a coberturas aseguradoras debe ser un dereito para todas as persoas
  • Transparencia: reivindicamos un seguro que sexa un contrato entre iguais, sen abusos nin cláusulas inxustas, discriminatorias ou ambiguas

O seguro ético, como parte da finanza ética, forma parte das estratexias de articulación do mercado social e da transición cara a unha nova economía social e solidaria.

Mesa do sistema de Finanzas Éticas

Como sucede coa banca, no sector asegurador a inversión é a principal fonte de beneficios, pero tamén ten que permitir establecer vínculos sociais e comunitarios. Para as persoas consumidoras de seguros é importante coñecer que uso fai o sistema asegurador do seu diñeiro.

Na finanza ética, a política de inversión baséase en criterios positivos de servizo á economía real, a proxectos que teñan un impacto positivo en termos de sustentabilidade social ou ambiental. Ademais, tamén deben facilitar o acceso ao crédito a colectivos tradicionalmente excluídos.

A Mesa do Sistema de Finanzas Éticas de REAS-Red de Redes de Economía Alternativa e Solidaria coordina organizacións adheridas ás actividades e principios da finanza ética en España.

CAES forma parte da Mesa desde a súa constitución porque entendemos que unha resposta efectiva á necesidade dunha nova finanza pasa pola articulación dun sistema integral de finanzas éticas que incorpore instrumentos bancarios, de crédito e de seguro.

O selo EthSI

No ano 2009 creouse a certificación EthSI, un selo de alcance europeo que avala o compromiso social e ambiental das organizacións que operan no mercado asegurador.

O selo europeo EthSI, Ethical and Solidarity-based Insurance, é un distintivo que garante a calidade da xestión das organizacións e produtos certificados. EthSI pon en valor aspectos como a responsabilidade social, a inversión socialmente responsable, a vinculación coa economía social, etc.

5
Preguntas clave

Por que se afirma que se ofrecen seguros éticos se nalgúns casos se contratan con compañías convencionais?

O desenvolvemento do seguro ético necesita un proceso de evolución. De momento, as necesidades aseguradoras de todas as empresas, entidades e persoas non poden estar cubertas cos produtos certificados como éticos e solidarios porque aínda hai poucas compañías certificadas

Se a póliza que contrato con Arç Cooperativa ou SERYES está xestionada por unha compañía non certificada, non podo dicir que adquirín un seguro ético e solidario…

Desde o punto de vista da compañía aseguradora e de produto final non, pero contratar os teus seguros a través de CAES implica participar dunha masa crítica de consumidores responsables que incrementa a nosa capacidade de incidencia no mercado asegurador para ampliar as alternativas e mellorar os produtos.

Por que Arç Cooperativa e SERYES non traballan exclusivamente con compañías certificadas?

Mentres non se poidan atender as necesidades aseguradoras de organizacións da economía solidaria e particulares, trabállase para incrementar o poder de compra e para que as compañías avancen cara ao rexistro EthSI.

Arç Cooperativa e SERYES pódenme garantir que as primas dos seguros que contrato non se reinverterán en negocios pouco éticos?

Se o Observatorio das Finanzas Éticas detectara que unha parte da inversión dunha compañía certificada está a ser invertida nas denominadas inversións «de máxima sensibilidade ética», coma o armamento ou os paraísos fiscais, podería retirar a certificación á compañía.

Que tipo de auditoría pasan as compañías e as corredurías certificadas co selo EthSI?

O Observatorio das Finanzas Éticas pide ás empresas información relevante respecto a cada nivel de rexistro, así como a súa memoria de sustentabilidade, documentación contable, políticas de inversión, etc. Así mesmo, inclúense compromisos de mellora sobre aspectos relacionados coa consolidación dos principios EthSI.

Pásaste aos seguros éticos?

Estudamos cada solicitude de maneira personalizada e presentamos un orzamento comparando compañías e dando prioridade ás opcións de seguros certificados como éticos e solidarios.

Pide presupuesto