Seguro ético
Un seguro ético?
O seguro é un instrumento financeiro e, como tal, debe estar ao servizo das persoas. Entendemos o seguro como un instrumento social e reivindicamos os valores dun seguro ético e solidario baseado en tres principios:
- Mutualidade: entendemos o seguro como instrumento colectivo ao servizo da comunidade
- Equidade: cremos que o acceso a coberturas aseguradoras debe ser un dereito para todas as persoas
- Transparencia: reivindicamos un seguro que sexa un contrato entre iguais, sen abusos nin cláusulas inxustas, discriminatorias ou ambiguas
O seguro ético, como parte da finanza ética, forma parte das estratexias de articulación do mercado social e da transición cara a unha nova economía social e solidaria.
Mesa do sistema de Finanzas Éticas
Como sucede coa banca, no sector asegurador a inversión é a principal fonte de beneficios, pero tamén ten que permitir establecer vínculos sociais e comunitarios. Para as persoas consumidoras de seguros é importante coñecer que uso fai o sistema asegurador do seu diñeiro.
Na finanza ética, a política de inversión baséase en criterios positivos de servizo á economía real, a proxectos que teñan un impacto positivo en termos de sustentabilidade social ou ambiental. Ademais, tamén deben facilitar o acceso ao crédito a colectivos tradicionalmente excluídos.
A Mesa do Sistema de Finanzas Éticas de REAS-Red de Redes de Economía Alternativa e Solidaria coordina organizacións adheridas ás actividades e principios da finanza ética en España.
CAES forma parte da Mesa desde a súa constitución porque entendemos que unha resposta efectiva á necesidade dunha nova finanza pasa pola articulación dun sistema integral de finanzas éticas que incorpore instrumentos bancarios, de crédito e de seguro.
O selo EthSI
No ano 2009 creouse a certificación EthSI, un selo de alcance europeo que avala o compromiso social e ambiental das organizacións que operan no mercado asegurador.
O selo europeo EthSI, Ethical and Solidarity-based Insurance, é un distintivo que garante a calidade da xestión das organizacións e produtos certificados. EthSI pon en valor aspectos como a responsabilidade social, a inversión socialmente responsable, a vinculación coa economía social, etc.
Preguntas clave
Pásaste aos seguros éticos?
Estudamos cada solicitude de maneira personalizada e presentamos un orzamento comparando compañías e dando prioridade ás opcións de seguros certificados como éticos e solidarios.